Clausura dos “Saberes e Sabores”. Da edición 2010, porque agardamos que haxa moitas máis.

Publicado Setembro 28, 2010 por olgafolque
Categorías: Praza de Abastos

Manolo Cores, «Chocolate», padre de la moderna cocina gallega, ayer en la plaza de Vilaxoán Autor de la imagen: | MÓNICA FERREIRÓS

El macrófono grabando los sonidos de “Vilaxoán canta” en el parque de Doña Concha. // J.L. Oubiña

Tamén podes ver o vídeo que o programa “A revista” da TVG gravou na Praza de Abastos de Vilaxoán. Preme no enlace:

Último domingo de “Saberes e Sabores” en Vilaxoán

Publicado Setembro 24, 2010 por olgafolque
Categorías: Praza de Abastos

Macrófono polas rúas de Roma. Escoitar.org

Macrófono polas rúas de Roma. Escoitar.org

O macrófono xigante percorrerá as rúas recollendo a “Sonosfera de Vilaxoán“: os sons que marcan a identidade da vila. Será unha das actividades que marcará, desde primeira hora, este último domingo en Vilaxoán. A homenaxe aos oficios de Vilaxoán terá como protagonista a Manuel Cores “Chocolate”. Benigno Campos, de “Larpeiros” será o mestre de cerimonias. A exhibición culinaria correrá a cargo de Antonio Botana, e rematará cunha actuación da Coral Máximo Patiño de Vilaxoán. Pero serán os máis pequenos os encargados de pór o punto final aos “Saberes e Sabores” cunha Romaría infantil á que estades todos e todas convidadas. Nela os membros de Pista Catro ofrecerannos un espectáculo de novo circo.

Non faltes! É o último domingo de actividades!

Terceiro domingo festivo en Vilaxoán

Publicado Setembro 20, 2010 por olgafolque
Categorías: Praza de Abastos

Cé Orquesta Pantasma, o Home Orquestra

Cé Orquesta Pantasma, o Home Orquestra

As treboadas sonoras dos Brisas de Tomiño, a animación de rúa de Cé Orquestra Pantasma, o talento oral de Carlos Blanco e o toque bonaerense de Tangobar, volveron encher Vilaxoán e a súa Praza de Abastos de actividades festivas o pasado domingo.  José Fernández alimentounas con receitas a base de bacallau. Non perdas o último domingo de actividades, domingo 26, dos “Saberes e Sabores” de Vilaxoán.


Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.